Imaxe de cabeceira
Sabías que...
70 anos de “Casablanca”

                   

Hoxe 26 de novembro, cumpríronse 70 anos da estrea deste conñecido filme, considerado pola crítica e o público coma un dos millores da historia do cinema.

Protagonizada por dous mitos da gran pantalla, Humphrey Bogart e Ingrid Bergman, e merecedora de varios premios Oscar, este drama, que se chegou a converter nun dos iconos de romanticismo, deixounos frases tan recordadas e repetidas coma “Sempre nos quedará Paris” ou “Este é o comezo dunha grande amizade”.

A historia dun amor esquecido e reencontrado, pero á vez imposible polo contexto tan duro da Segunda Guerra Mundial, o debate entre o deber e o querer, un guión irónico e sorprendente, e unha interpretación incomesurable de todo o seu reparto, fixeron que este filme, que non estaba concebido para converterse en algo máis que outra produción de Hollywood, superase as fronteiras da distancia e do tempo e chega ata nós coma obra mestra.

 

                                                          Imaxe: sobreelmundodelcine.com

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.