Debido a que este ano que xa remata se cumpren cen anos do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Por iso este ano 2012 foi o ano de Celso Emilio. Tal e como se leva facendo dende hai uns anos, levarase a cabo un recitado de poemas do autor na biblioteca. Elaboraranse dúas categorías: unha para primeiro e segundo da ESO e outra para o resto dos graos participantes. Ambas as dúas categorías terán o premio dun vale de dez euros na cafeteria do instituto.
Tamén se recitará conxuntamente o poema de Celso Emilio ‘Deitado fronte ao mar’. Quixemos contar coa inestimable colaboración de García, do grupo Dios Ke Te Crew, foi quen de convertir o texto deun tema rapeiro, mais os seus problemas de saúde non lle deixaron. Esperamos que todos vos animedes a participar nesta actividade agora, para que vaiades facendo sabor de boca, deixámosvos coa versión que García fixo da ligua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me peta e dáme a gana…
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]