Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Hai que pararlle os pés a Wert

Benqueridos compañeiros/as:

Diríxome a vos, para falarvos da próxima folga do día 17 de outubro, que case todos nós temos presente. Moitos faltaredes ao instituto, porque é un día “libre” e como os vosos pais vos deixan, quedaredes na casa a descansar. Pero a min gustaríame darvos algúns motivos máis convincentes, polos que o mércores non debemos asistir ás aulas e non só non asistir, senón saír á rúa a protexer os nosos dereitos, que ,polo que parece, pouco a pouco estamos perdendo todos e todas…

Por exemplo, pouco a pouco a nosa educación é máis pobre. A mesma educación que os nosos pais pagan cada mes cos seus impostos, a mesma que ata hai uns anos era gratuita, agora, xa non o é. Comezaron quitando os libros de préstamo, continuaron cos comedores escolares, agoran van a polo transporte…

Eliminaron o comedor gratuito en moitos dos colexios españois e agora, en moitos deles, se un neno leva a comida da casa nun tupper, ten que pagar 3,80€ para poder sentar a comer. E sabedes canto paga un deputado por comer no Parlamento, tendo a elexir 5 pratos diferentes de menú? 2,80€! Aí o goberno non recortou, non!

E, por riba, queren empezar coas reválidas da nova reforma, que, máis que nova, é unha reforma que nos leva aos tempos de nosos pais. Aqueles anos nos que uns poucos estudaban Bacharelato e outros poucos, aínda menos, que adoitaban ser os fillos dos privilexiados podían estudar unha carreira ou estudos superiores; o resto … a traballar, se tiñan onde, claro!

Niso consiste a nova reforma: o Bacharelato, acabará sendo de pago, e só o poderán facer aqueles que o poidan pagar. Nas aulas estaremos pegados coma sardiñas, cando agora somos de 22 a 26 alumnos por aula. E a profesora que foi toda a vida profesora de galego, sorprenderache dando francés ou xeografía, pero máis se sorprenderá ela!

Pero o mellor é que non fagas plans para os próximos anos: estudar un bacharelato de artes ou sacar un título de Formación Profesional? Imposible! Porque ca nova reforma antes de chegar ao final terás que saltar até 4 obstáculos: 4 probas de avaliación!!!!!!!! 4!!!!!!!!!!!!!!

Pero o peor é o ataque contra a educación pública. Sabíades que o actual goberno de España reduciu un 21% dos orzamentos xerais para a educación pública? Onde están eses cartos?
Coñecedes ben a nosa aula de informática verdade? Ordenadores lentos, internet lento, se é que funciona, ausencia ou escaseza de programas… Coñecedes a aula de informática dun instituto concertado? Pois parece ser que nas aulas de informática de calquera dun deses institutos cada alumno dispón dun ordenador que funciona SEMPRE. Sabedes agora onde están os  cartos que o goberno central lle quitou á educación pública, verdade?

Sinceramente, con esta reforma, se teus pais non teñen un salario bastante elevado tampouco soñes con ir á universidade,  xa que a matrícula estará carísima, e só estudarán os fillos dos mesmos ricos que antes mencionei. Porque o que suspenda algunha deberá pagar o dobre ao curso seguinte e o que teña que estudar e traballar a un tempo (porque os seus pais non sexan ricos) xa non poderá estudar, porque a asistencia a clase será obrigatoria…

Creo que é hora de pararlles os pés, non?
Vos que opinades?

Para quen queira saber máis:

http://artabra21.blogspot.com.es/2012/10/galiza-contra-os-novos-recortes.html

http://www.comitesabertos.org/paremoslles-os-pes-paremos-os-recortes-no-ensino/

Folga estudantil o 17 de outubro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.