Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Dende Europa, reclaman máis galego.

Despois de varios estudos realizados polo Comité de Expertos do Consello de Europa, aseguran que a Xunta de Galiza non protexe nin promociona abondo o idioma de Galiza.

No recentemente publicado Informe do Comité de expertos dáse a coñecer como se atopan actualmente as demais linguas minorizadas do Estado. Os resultados do galego, en comparación cos do catalán e o euscara son desastrosos. En Bruxelas, critican á administración especialmente polo Decreto do plurilingüísmo, que se introduciu cando o novo goberno chegou ao poder, xa que se demostra que é un claro ataque contra a nosa lingua.

Dende a Mesa pola Normalización lingüística, estiman que soamente o 20% do ensino non universitario se desenvolve en galego, e que só o 3% dos centros infantís das cidades imparten galego nas aulas. No sector da Xustiza, o galego tamén sofre ataques, xa que se acaba de instalar un novo programa informático que impide usar o galego con normalidade nas xestións administrativas máis habituais. Entre as moitas recomendacións do documento publicado por Bruxelas, está a de chegar a un acordo con Portugal, pra emitir en Galiza canles de televisión portuguesas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.