O libro Crime en Compostela de Carlos Reigosa recolle a máxia pétrea e inalterable da capital santiaguesa mesturándoa coa escuridade de suburbios tintados de vicio, celos e morte. Esta aleación resultou Premio Xerais no 1984, sendo unha das obras máis vendidas da literatura galega.
A historia céntrase no asasinato do empresario da construcción Aurelio Xieiro. Para chegar a resolución do crime, Reigosa, lévanos polas rúas compostelás da man de Nivardo Castro, quen, aparte de desvelar a identidade do asasino, tamén descubrirá os segredos da vella Compostela. Cada monumento, cada igrexa, cada praza… Cada pedra ten tras de si unha historia que nos encandeará e nos fará sentir a maxia da cidade. O abraio e desconcerto de Nivardo por terse cometido un crime nesa cidade, que no primeiro contacto transmite tanta paz e tradición, tamén é experimentado polo lector debido ós cambios bruscos de contexto; dunha Compostela que acolle no ventre os ósos do apóstolo, a unhas rúas manchadas de sangue; da pedra que garda lendas e misterios, aos grafitis en muros de formigón; da cuna de grandes intelectuais, aos locais máis miserentos e depravados…
Este recorrido pola metrópole, a modo de guía turística, é un perfecto reclamo de visitantes. Incluso para os xa coñecedores da cidade, a obra seduce e invítanos a descubrir Santiago. Eu, invítovos a descubrir a obra.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]