O pasado mes de Setembro o Ministro de Educación do Goberno de España presentou o anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) na que se detallan as medidas que se pretenden levar a cabo para unha mellora do sistema educativo actual. Pero todo isto é un engano, en realidade este anteproxecto esconde outras finalidades en sentido totalmente oposto á calidade. Todas as medidas deste anteproxecto conseguirán crear unha sociedade máis individualista, competitiva e selectiva, grazas a introducir novos métodos no sistema educativo que no lugar de crear un sistema baseado na colaboracion no que se pretende que a maioría acaden o título basico, crea un sistema no que haberá maiores desigualdades e menos axudas, polo que non todos acadarán un título básico necesario para calquera emprego, e os valores impartidos non residirán na solidariedade e colaboración.
Algúns representantes sindicais opinan que “O verdadeiro motivo é adecuar o sistema educativo aos principios neoliberais e avanzar na privatización e mercantilización da Educación”. E isto conségueno restrinxindo a educación a aqueles alumnos mellor cualificados sen atender ao contexto e as circunstancias culturais e familiares coas reválidas. Ademais, esta medida menospreza a profesionalidade do profesorado xa que o seu traballo e as súas competencias á hora de decidir se un alumno acadou ou non os contidos mínimos do ciclo , deixa de ter valor fronte ás reválidas. Outra medida que se pretende co nova lei é segregar do sistema educativo aquel alumno con máis dificultades, proveñan de situacións persoais, familiares ou do entorno social. O alumnado con dificultade, o anteproxecto prevé orientalos hacia a Formación Profesional Básica que non conduce á obtención do título da ESO, nin ao título de Técnico de Grado Medio. Por outra parte, dase amparo legal aos colexios que segregan ou seleccionan ao alumnado por razón de sexo, unha práctica que actualmente o Tribunal Supremo ten declarada como ilegal. E por último, co LOMCE redúcese a competencia das Comunidaes Autónomas, limitando a súa capacidade na determinación dos curriculums nun 10%, o sistema de reválidas tamén reduce a súa competencia no sistema educativo ao ser de ámbito estatal. Polo tanto, o anteproxecto ten unhas finalidades moi distantes á mellora do sistema educativo, no lugar de facilitar e garantir o acceso ao ensino básico, busca a obtención de resultados e rendementos e no lugar de buscar crear unha sociedade formada e crítica, pretende unha sociedade máis competitiva e inxusta e máis facilmente manipulable.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]