Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
O Metal Galaico

Galicia é unha nación cunha identidade e unhas características propias e únicas. É por iso que no terreo musical, non resulte de estrañar que tamén teña un subxénero do Metal propio.


Trátase dun subxénero moi interesante, de momento con poucas bandas, pero sen dúbida cunha gran calidade e que vale a pena coñecer.

Aínda que o lector non sexa seguidor do Metal,  este artigo  pódelle servir para coñecer outra das moitas facetas de Galicia e a súa cultura.

O Metal ten moitos subxéneros, tanto musicais coma líricos.

Un dos subxéneros líricos é o Metal Galaico, que ten por máximos expoñentes aos grupos Xerión e Lughum .

Entendo por Metal Galaico o que,  ademais de ser galego, trata nas súas letras temas relacionados con Galicia.

Estas letras  fálannos acerca do celtismo, da Galicia mítica e máxica das lendas, dos bardos, dos mestos bosques e fragas galegas, da natureza  escura e salvaxe, de sentimentos como a soidade, a morte, a escuridade …

En definitiva, son letras épicas ( como en moitos outros xéneros do Metal ) adaptadas e situadas en Galicia.

Estas líricas recordan moito á poesía de Eduardo Pondal . Case todas as características da obra deste poeta están presentes no Metal Galaico: dende o celtismo e o bardismo á natureza salvaxe e os seres libres e vagabundos.

Con todo, como é obvio, as letras non son tan elaboradas nin teñen a perfección dos poemas de Pondal, xa que el era un poeta asombroso e os grupos que vou tratar son músicos, que pese a ter letras moi boas, non teñen o talento de Pondal á hora de escribir.

 

Xerión e Lughum, como xa expuxen, clasifícanse pola súa temática como Metal Galaico , aínda que musicalmente se encadran dentro do Black Metal e do Death Metal respectivamente ( ambos con influencia do Folk Metal ).

As voces do Black e do Death son guturais, polo que para alguén que non acostuma  escoitar esta música  pódelle resultar moi difícil entender a letra.

É por iso polo que cada canción que seleccionei estará acompañada pola súa respectiva letra, para poder lela a medida que se escoite a canción.

Xerión
 

Xerión é un grupo de Black Metal ourensán formado no 2001.

Comezou sendo un proxecto en solitario de Nocturno ( o único membro orixinal e alma de Xerión ) pese a que logo contou, e conta aínda, con outros compoñentes  ademais del.

Os colaboradores actuais do grupo son “Daga” e o “Rei Celta no exilio”.

O nome “Xerión” está extraído como todos saberedes da ancestral mitoloxía celta de Galicia.

 

Xerión é o grupo galego con máis sona, e pese a ter pouca fama en España, tena  noutras partes de Europa, ademais de gozar obviamente dunha gran popularidade en Galicia.

O seu estilo é un Black Metal cru e directo combinado con elementos Folk, cun son bastante “underground”. Esta fórmula é moi común entre moitos grupos do Norte de Europa.

Eles mesmos definen o seu estilo como Metal Galaico Extremo.

As súas letras son boísimas. Persoalmente encántanme e considéroas das mellores do Black Metal, xa non só de Galicia, senón en xeral.

Propóñovos agora escoitar unha serie de cancións que escollín, das distintas etapas da historia de Xerión e que as escoitedes mentres ledes as incribles letras do gran Nocturno.

 

Xerión – Akelarre

Letra: http://www.metal-archives.com/albums/Xeri%C3%B3n/Nocturnal_Misantropia/141649 (premer “Show Lyrics” na canción correspondente para ler a letra “ )

 
 

Xerión – O último sono do druída

 

Xerión – Morte na Iauga

 
 

Xerión – Na noite dos tempos

 
 

Xerión – Madrigal da lúa

 
 

Xerión – No pazo derruído da existencia

 
 

Xerión – Da nocturnal loita na fraga

Esta canción ten a peculiaridade de ser máis Death Metal, abandonando o Black típico de Xerión

 

Achego o enlace á páxina web do grupo, que me parece moi interesante e recomendo para botarlle unha ollada

 
 
 
Lughum
 

Trátase dun grupo vigués de Death Metal Atmosférico e Progresivo.

Eles defínense a si mesmos como “Power Melodic Death Metal Post Atmospheric Progressive”.

As súas letras tratan temas similares aos dos “pondaleses” Xerión e teñen

cancións en galego e outras en inglés.

Como eles mesmos din: “Letras sobre os deuses dos antigos Galaicos, sobre batallas e guerreiros. Lendas e historias da antigüidade galaica. Natureza, carraxe, maxia e liberdade xúntanse para crear unha vez máis unha banda sonora emocionante de espíritos libres e guerreiros amantes da natureza e o poder”.

É un grupo bastante máis melódico que Xerión, cun estilo propio moi peculiar.

O seu último disco é de Abril deste ano, e supuxo un paso adiante na historia de Lughum.

Déixovos agora cunha serie de cancións acompañadas polas súas respectivas letras.

 
 

Lughum – As árbores ollarán a batalla

 
 

Lughum – Escoler vs Legromante

 
 

Lughum – Breogán

 
 

Lughum – O aturuxo

( Nesta canción está presente unha máis que coñecida melodía da música tradicional galega )

 
 

Lughum – Terra de Meigas

 
 
 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.