Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Na Universidade de Padua fálase galego

Esta acción que entra dentro da actividade do Proxecto do noso equipo titulada Cen anos máis na Europa multilingüe estivo preparándose durante varios meses. Establecemos a principio de curso o contacto con Gemma Maneiro, que é lectora desa Universidade, e quedou proxectada para final de curso cando o seu alumnado xa tivese certo dominio da nosa lingua. Debido ao terremoto que sufriu o norte de Italia no mes de maio, tiveron a Universidade pechada e isto ocasionou varios problemas para poder fixar o día e mesmo para realizar unha segunda videoconferencia que non se puido desenvolver. No noso IES tamén houbo problemas técnicos o que motivou que só parte do alumnado puidese participar na actividade. Dado que fallou a gravación de vídeo só temos o audio da videoconferencia e fotos que o alumnado escolleu de Padua co que fixemos o vídeo que vos deixamos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.