A mañá do dezaseis de marzo os alumnos de 3º e 4º da ESO, acudimos a un concerto da Real Filarmonía de Galicia no auditorio de Santiago de Compostela co título de O século XX mira ao pasado..
A orquestra estaba composta por varios instrumentos de corda coma violíns, violas, violoncellos, arpa…. E tamén outros instrumentos de vento como fagots, clarinetes, óboes…
A orquestra interpretou fragmentos de tres obras de compositores do século XX: “Gli ucelli” do italiano O. Respighi, “Le tombeau de Couperin” do francés M. Ravel e “Intres Boleses” do galego R.Groba. Entre obra e obra un presentador facía unha breve introdución sobre cada peza na que explicaba algo de historia e o ritmo.
Despois do concerto vimos unha exposición de fotografía de Alberto “Korda”. Durante a exposición vimos algunhas das fotografías máis famosas de Korda e unha guía íanos contando detalles das fotografías e da vida de dito fotógrafo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]