Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Unha fraude fiscal moi famosa

A Begoña presentárona Alejandra Picón e María Saavedra.

Begoña Villaverde comezou a súa charla defendendo o idioma da nosa terra, afirmando que: por cada euro que se gasta en galego, gástanse 230 euros en promocionar o castelán; dándolle importancia ao noso idioma engadindo que dous libros en lingua galega foron premiados por mellores publicacións como libros infantís.

Estes son algúns dos datos que nos achegou a profesora universitaria dos custos de promover o castelán:

Instituto Cervantes: 100 millóns de euros

RAE: 4 millóns de euros

Promoción do español no estranxeiro: 220 millóns de euros

 Despois deste inicio, introduciuse no tema da visita: A Operación Babel, e os paraísos fiscais. Falounos dos delitos polos que está imputado o Duque de Palma, Urdangarín, máis de cómo procedeu para ocultalos.

 Explicounos como a operación Babel comezou como un conto de princesas…Un mozo guapo e deportista casou cunha infanta e ahí  comezou todo.

Fíxose amigo de 103 empresas públicas e privadas para facer negocios e grazas a iso conseguíu 16 millóns de euros. Na actualidade está imputado polos seguintes delitos: contra os caudais públicos (de 4 a 8 anos de prisión), de prevaricación: inhabilitación para ostentar cargo público; de fraude á administración (de 1 a 5 anos de prisión), delito de falsidade documental (de 1 a 3 anos de prisión).  Con todo, non está imputado por un delito contra a Facenda Pública.

 “Xa que vou ben vestido, a ver se non fago cola para entrar á festa”

Urdangarín quixo burlar a lei e aproveitarse do seu traxe para non facer cola…

A Lei 30/2007 de 30 de outubro de contratos co sector público esixe un procedemento público e baseado na libre concurrencia pero hai algunhas excepcións para as entidades sen fins lucrativos. Trátase dun convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral: asinárase cando a entidade sen fins lucrativos se lle dá unha axuda económica para realizar as actividades propias dos seus fins, a cambio a entidade comprometerse por escrito a difundir, de calquera xeito, a participación do colaborador nesas actividades. Importante: Non esixe máis xustificación da actividade que unha memoria…

 

Mais … un problema para Urdangarín: O pesado do amigo que vai con nós a todas as festas… o que nos obriga a poñer uns complementos que non nos gustan nada…A Facenda. Existen impostos:

-Imposto sobre  a Renda das Persoas Físicas: págase por todos nos entendidos individualmente polas renfas que gañamos ao longo do ano.

-Imposto sobre Sociedades, págano as persoas xurídicas, en xeral as empresas pola renda que gañan todo o ano.

-Imposto sobre o Valor Engadido, págano os empresarios e profesionais.

 Tamén nos explicou o funcionamento dunha trampa que facía para librarse de pagar os impostos: a chamada triangulación de facturas, que trata de cruce de compras e vendas entre tódalas empresas que tiña (Nóos Consultoria Estratégica; Aizoon SL; Virtual Strategies SL; Etc…) que como resultado obtén uns menores impostos porque hai máis gastos. E os gastos están en movemento, pero case nunca saen deste grupo de empresas mais que para pagar, por exemplo, aos socios das empresas polos seus informes.

E por último: o boneco enriba da torta: os paraísos fiscais. Os coñecidos son: Suíza, Xibraltar, Andorra… pero segundo a OCDE tamén son paraísos fiscais Naurú e Niué, City de Londres e Delaware (dúas mil trescentas empresas seica traballan en Delaware)

O que caracteriza a un paraíso fiscal é a baixa fiscalidade e a opacidade das actividades económicas, así as empresas de Urdangarín ocultan o diñeiro á facenda publica española e eluden o pago de impostos.

 

María Begoña Villaverde visitou o noso IES para falarnos do caso Urdangarín



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.