O Programa Conciencia é unha actividade de divulgación científica nacida en 2006 por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago. Articúlase entorno á visita de Premios Nobel, profesores de matemáticas e ciencias da computación. Da súa coordinación ocúpase o galego Xorxe Mira.
- A divulgación científica a cargo de figuras do máximo nivel internacional.
- Proxectar a imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
- Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC.
En 2010, o Programa Conciencia foi recoñecido con a Mención de Honor do Premio “Ciencia en Acción”.
O xoves 26 de Abril, estivo na Cidade da Cultura dando unha conferencia, Ei-ichi Negishi, Premio Nobel de Química 2010.

O resultado foi a formación dun novo enlace simple entre elas.
Estas reaccións melloraron dun xeito asombroso tanto o potencial como a eficiencia da química orgánica sintética e contribuíron substancialmente a posibilitar a construción de moléculas máis complexas, que fan mellores moitos aspectos das nosas vidas, dende a agricultura á medicina. Podería dicirse que, dentro dos mecanismos que establecen a estrutura das moléculas da vida, o Profesor Negishi deu un paso que permitiu o establecemento dunha nova arquitectura molecular.
ESTEFANÃA MOSQUERA (4ºPDC)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]