O sangue dos Cortiña é un relato histórico de Miguel Anxo Fernández, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nel cóntasenos a historia de Pedro Cortiña e a loita contra a invasión de Galiza polo exercito napoleónico.
A historia está contada por un narrador externo pois relátanos a historia dende fóra do relato, non é ningún dos personaxes e está contada en terceira persoa.
Os termos en torno ao que xiran os acontecementos son:
As loitas entre os franceses e os galegos para evitar a invasión dos franceses.
O desexo de vinganza reflexada en don Pedro despois de que os franceses forzaran á súa dona e filla e, na súa filla cando abandona a súa convalecia para loitar.
A valentía reflexada en don Pedro, nos paisanos e sobre todo nesas dúas mulleres que sobresaían na loita aínda cando xa se sentiran derrotados desde a fracasada defensa da Ponte Mourentán.
Ao principio do relato fálasenos da época na que transcorren os acontecementos que é no inverno de 1809 e do espazo no que se desenvolven, nas termas do Ribeiro, en Ribadavia..
O personaxe principal é Pedro Cortiña un comerciante que vai loitar contra a invasión dos franceses nas terras do Ribeiro, contra os homes do Mariscal Soult.
Ademais deste personaxe principal hai outros secundarios como:
O tratante José González: coñecido co alcume do Labrador que vai ser o compañeiro de loita de don Pedro.
Carrascón: comandante xeral dos resistentes.
M. Naylles: oficial militar e cronista da Afrancesada.
Jose Puga e o abade do Vilar e Couto.
Pedro cortiña, dono do mellor almacén, máis abastecido do vila, home afable, casado, cunha fillar, contrario á violencia e que estaba a favor da resistencia pacífica contra a invasión francesa, muda de parecer cando un grupo de franceses asalta a súa facenda e forzan á súa dona e á súa filla. A partir de aquí incorpórase á loita de forma activa cunha grande valentía que contaxiara ao resto dos combatentes provocando moitas baixas no inimigo. Morre nunha das batallas máis encarnizadas da resistencia aos franceses en Galiza. A súa filla e a súa muller tamén abandonara a súa convalecencia e combaterá contra os franceses motivada polo desexo de vinganza, perderá a vida.
O sangue dos Cortiña, a pesar de ser un libro tan curto, para min recolleu moi ben as atrocidades que fixeron os franceses cando invadiron as terras do Ribeiro. Paréceme moi interesante destacar, como tamén o fai o libro, a valentía e intelixencia das mulleres galegas daqueles anos, pois a pesar de non dispoñer de armas amañábanse moi ben para defenderse utilizando cousas tan sinxelas como baldes cheos de aceite fervendo e pedras. Este relato gustoume moito, foi como recrear unha parte da historia da nosa terra.
Raúl Muñiz García – 3ºE
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]