Imaxe de cabeceira
Deportes
Entrevista realizada a Vitor González Creo.
Entrevista realizada a Vitor González Creo, alumno de 4ºcurso da ESO no IES Félix Muriel de Rianxo, e patrón do club de Remo Rianxo.

- Dende cando eres patrón neste club?
Levo 5 anos como patrón, pero 4 competindo

- De que modalidade de remo eres patrón?
Son patrón de bateis, trainerillas e traíña

- Que resultados destacarías, sendo patrón, destes últimos anos no club de remo Rianxo.

Destacaría os 3 ouros e o bronce que temos no campeonato de España. Tamén destacaría o resultado conseguido no territorial norte, metendo 5 barcos no campeonato Galego, e as bandeiras que temos como mellor club, conseguidas en Narón, Bueu e Rianxo

- Cantos reman no batel e quenes forman a tripulación do mesmo:

No batel reman 4 e un patrón. Na tripulación xuvenil de Rianxo somos:
Patrón: eu, Vitor González
Marca: Juan Ferreirós
Roberto Fernández
Pablo Piñeiro
Proa: Santiago García

- Estudaron todos neste instituto?

Si, estudaron todos neste instituto, e actualmente estamos estudando Vitor (4ºESO), Roberto e Juan (2ºBach)

- Que se necesita para ser un bo patrón?

Necesita saber facer boas viradas, manter ben o equilibrio do bote, ter pillería , saber correxir os fallos e analizar ben a regata antes do comenzo , tendo en conta o rumbo a seguir segundo o vento, a corrente, etc. O patrón debe pesar entre 55-65Kg.

- Cantos días adestrades á semana?
6 días

- Como se chama o voso adestrador/es?
Héctor Lorenzo

- Insiste o voso adestrador na alimentación, ou so se centra no deportivo?
É moi importante a dieta, sobre todo a do día anterior e a do día da competición

- Como animarías a outros rapaces a iniciarse no remo?

Que proben para ver se lles gusta, nos empezamos así, e aínda seguimos no club.

- Cantos deportistas ten o club na actualidade?
88 deportistas

- Que obxetivos ten este baltel, campeón de España cadete e xuvenil de cara o futuro?
O principal obxetivo e seguir todos xuntos. Imos traballar pouco a pouco, e intentar chegar á final do campionato de España.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.