Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
“El atlas esmeralda”

“El atlas esmeralda” é un libro sobre tres nenos que se embarcan nunha aventura cara ao mundo máxico, onde as cousas non son o que parecen.


Tres nenos. Dous mundos. Unha profecía…

Kate é a maior e a  máis responsable. Aos seus 14 anos é a única que recorda aos seus pais, especialmente as últimas palabras da súa nai pedíndolle que coidara dos seus irmáns…

Michael é o empollón e despistado da familia. Perdeu máis veces as gafas das que poida imaxinar, ainda que ás veces o problema é que nin se acorda de que as leva postas. Libro que atopa,  libro que devora, especialmente se fala dos seus queridos elfos…

Emma, con só 11 años, é pura dinamita. Decidida e directa, di sempre o que pensa, sen importarlle as consecuencias. Súa é a frase: Se queres que te respeten, pelexa…

Xuntos descubrirán que A maxia existe (Michael xa o sabía).Tras separalos dos seus pais Emma,Michael e Kate pasan uns 10 anos trasladándose dun orfanato a outro ata que por fin quedan nun no que encontran un libro máxico e suceden cousas estrañas..

“El atlas esmeralda” é a nova gran aposta de fantasía de Montena. Forma parte da triloxía “Los libros del origen” que foi comparada con sagas de culto como “Harry Potter” ou “Una serie de catastróficas desdichas” de Lemony Snicket.

Nerea 1ºD



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.