Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Charla de Xosé Ramón Pichel da empresa IMAXÍN SOFWARE

       O pasado mércores dia 9 de maio Xosé Ramón Pichel Campos veunos dar unha charla sobre a empresa e a nosa lingua.


   

Ramón Pichel é o director da empresa Imaxin software, que leva 15 anos desenvolvendo programas informáticos en galego, unha das razóns polas que é candidata ó Premio Leixaprén. Eles son catro socios que ó rematar a carreira decidiron montar unha empresa. A dous deles gustábanlles o tema das linguas e aos outros dous os vídeoxogos, e de aí provén esta empresa que fai videoxogos en galego e noutros idiomas. O primeiro xogo que crearon foi enviado a Guipúzcua para que os nenos aprendesen vasco e tamén onde están as vilas e os ríos do Pais Vasco.

         Para comezar a charla fíxonos unhas preguntas sobre a relación que existe entre as empresas e o galego.

  • En que lingua falan as empresas?
  •  Maioritariamente en Galicia falan en español
  •  Cantas empresas coñecedes en galego na vosa zona?
  • Bastantes que teñan rótulos en galego, aínda que logo a empresa por dentro funciona en castelán.
  •  En que zonas credes que hai máis empresas en galego?
  • Non hai correspondencia entre o número de empresas en galego e o número de galegofalantes, pode haber sitios nos que se fale moito galego e a maioría das empresas estean en castelán.
  •  Por que habendo tantos falantes de galego, hai tan poucas empresas na nosa lingua?
  • Porque a xente ten prexuízos e ideas equivocadas coa lingua.
  • Que tipos de empresas están apostando polo galego?

 

  •  Hainas de diferente ámbito pero destacan as empresas relacionadas coas TIC. Comentou con nós o uso do galego por parte de: R, Castromil (hoxe desaparecida), Imaxin Sotware, Gadis, Erica Mel, Seguridade A-1, Centroxogo, Amoroso e moitas librerías, como a Pedreira en Santiago…

Durante a súa exposición seguiu co sistema de facernos preguntas, que nos levasen á reflexión. Algunhas foron:

  • Por que habendo tantos falantes de galego, hai tan poucas empresas na nosa lingua? Algunhas das respostas que dan os empresarios son:

         a. O galego como tal segue a considerarse unha lingua que non é útil, só para a xente do rural ou de xente ideoloxizada.
         b. Non iamos vender nada en galego, o español é a lingua útil.
         c. Non nos van comprender.
         d. Se queremos vender fóra temos que vender en español que é o que a xente comprende.
        

         Mais todo isto non é certo, eles levan vendendo 15 anos en galego sen ningún problema.

 

 

  • Por que habendo tantos falantes de galego hai tan poucas empresas na nosa lingua?
  •  É curioso porque o estudo do Consello da Cultura Galega “Vender en galego” di que se vendemos en galego vendemos máis. Quizais niso se basearon os que deseñaron os anuncios de Gadis (ver vídeo Vivamos como galegos! Maloserá!), aínda que logo esta empresa non teña nada rotulado na nosa lingua.

            Tamén nos fixo ver que as empresas dedicadas ás novas tecnoloxías coma a del elaboran materiais normalizadores como dicionarios electrónicos, tradutores… E en galego hoxe en día contamos con moitas ferramentas na rede: desde os blogs ata produtos lingüísticos para a lingua, dicionarios electrónicos, un portal galego para a lingua, redes socias e estase a investigar en máis ferramentas, polo que contamos con moita tecnoloxía en galego.

Algunhas fotos:

 

 

 

 

 Deixámosvos a súa presentación:

 

 A continuación aparecen algúns dos vídeos que Xosé Ramón nos mostrou durante a súa charla

Quen quere ser millonario?

Entrevista con Shakira no programa Bom dia África

 

Vivamos como galegos! Maloserá!

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.