Neste traballo imos analizar varios dos aspectos que fan que o galego se considere nalgúns casos coma “un idioma que non serve para nada”.
O ser humano é un ser social que convive con outros membros nunha sociedade. A sociedade humana existe porque as persoas que as conforman se relacionan entre si a través dun mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos a mesma lingua, pois os pobos somos diferentes.
O castelán preséntase coma a lingua prestixiosa, a da cidade e a das clases dominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso, mentres que o galego chega a identificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e a tradición, o pasado.
-Que son os prexuízos?
Son xuízos de valor sen base suficiente emitidos sobre unha lingua ou sobre os falantes dela co propósito de provocar o seu rexeitamento.
Nas linguas minorizadas afectan ao autoconcepto individual e colectivo.
Vellos prexuízos: Galego =incultura = rural = atraso
Novos prexuízos:
Xerarquía ameazada
Prexuízos contra os neofalantes
Dúbidas sobre a competencia en galego
·Non hai prexuízos?
No Estado español continúan a se difundir prexuízos que no fondo pretenden o reforzamento do castelán e o debilitamento das outras linguas cooficiais: a maior validez do castelán para a vida moderna, a imposición nacionalista…
Aínda que parecen terse reducido algúns dos prexuízos sobre o galego, varios estudos recentes constatan unha presenza importante entre a xente nova.
Clasificación dos prexuízos respecto do galego:
-
Prexuízos relacionados coa suposta falta de utilidade
O galego non xera riqueza
O galego íllanos do exterior
-
Prexuízos que asocian o galego coa pobreza e co atraso
O uso do galego vense asociando, de maneira redutora e simple, co mundo rural e, derivado diso, coa pobreza e a ingnorancia.
O estudo do/en galego como perda de tempo e atraso
-
O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación
O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas
Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas de fóra
-
Prexuízos relacionados coa imposición do galego
“A imposición do galego no sistema educativo”
“Como antes se impuxo o castelán, agora queren impoñer o galego”
O rexeitamento social á normalización do galego
-
Incompetencia dos falantes galegos, caracterización negativa do galego
O galego como lingua ruda ou fea
O galego normativo como lingua artificial
As persoas galegas non saben falar galego
-
O galego como marca ideolóxica
A condición “estraña” das crianzas galegofalantes das cidades
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]