Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Paremos os ataques contra o Galego

A Mesa e a súa sección xuvenil, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes denuncian que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%. Estas organizacións convocan unha folga para o vindeiro xoves 19 de Abril; tamen piden que “o galego exista”, nas materias científico-técnicas en que o decretazo “impón o uso obrigatorio do castelán”.

    

Na mañá do 2 de abril presentouse en conferencia de prensa, en Santiago de Compostela, a convocatoria e os materiais da folga estudantil no ensino medio do vindeiro 19 de abril, cuxo lema central será “Paremos os ataques contra o galego”.

      Sara Seco, responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa; Brais Pedreira, dos Comités; Vítor Giadás, da Liga Estudantil Galega; e Manu Andión, do Sindicato de Estudantes, expuxeron os motivos que levan as súas organizacións a chamar a parar as aulas o vindeiro 19 de abril. Unha convocatoria que conta xa “co apoio doutras organizacións do ámbito xuvenil”.

Un dos motivos da chamada á folga é exixir ao goberno galego que “poña fin á prohibición” de impartir as materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía en galego, como estabelece o actual decreto ao sinalar que esas materias deberán ser dadas en castelán.”Unha prohibición”, din, “que non ten semellanza en ningún outro territorio do Estado con lingua propia”.

E vos, que creedes? Deixade a vosa opinión




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.