Lady Gaga é unha artista moi boa e por iso fIxemos esta investigación sobre ela.
Lady Gaga , cuxo nome real é Stefani Gernanotta , naceu o 20 de marzo do 1986 en Nova Iorke, Estados Unidos . Os seus pais son Joseph Genanotta , empresario, e Cyntia , asistente de telecomunicacións .
Aos catro anos aprendeu a tocar o piano e escribiu a súa primeira balada aos doce anos.
De nena foi á escola “Convento do Sagrado Corazón”e aos dezasete anos entrou no Tisch School of Arts, onde estudou música. Tres anos máis tarde, comezou a escribir cancións para importantes artistas de Interscope Records. Aos vinte e sete anos lanzouse como solista. O seu álbum debut foi “The fame”, que saiu á venda o sete de outubro do 2008 co seu primeiro single “Just Dance” que acadou a posición máis alta en países coma o Reino Unido e Canadá, nos que obtivo moi boas críticas.
No 2008 participou no certame de Miss Universo en Vietnam e participou tamén no MTV Day Malta.
O seu nome artístico, segundo conta ela mesma, tomouno como referencia á canción Radio Ga – Ga da banda inglesa Queen .
No ano 2009 lanzou unha reedición do disco debut baixo o título “The fame: Monster”, un álbum dobre que inclúe o Tracklist oficial nun CD, e outras oito cancións , entre elas “Telephone”, dueto que interpreta xunto con Beyoncé .
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]