Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Ashley Tisdale

Ashley Tisdale é unha cantante e unha actriz que nos gusta moito e por iso buscamos a súa biografía.

Ashley Michelle Tisdale nacida o 2 de xullo do 1985 é unha actriz, cantante, compositora,productora e modelo estadounidense, famosa polo seu papel como co-protagonista na película de Disney Channel High School Musical,en cuxas secuelas High School Musical 2 y High School Musical 3: Senior Year repetiu o seu papel como Sharpay Evans. A súa carreira como actriz comezou varios anos antes.

Durante a súa infancia e da man de Bill Perlman, tomou parte na rodaxe de máis de 100 anuncios de televisión, e máis tarde participou en series televisivas entre as cales destaca a sitcom infantil The Suite Life of Zack and Cody. Iniciou a súa carreira musical a principios do 2007 co lanzamento de Headstrong, o seu álbum debut co cal vendeu máis de 1 millón de copias arrededor do mundo. Actualmente aporta a súa voz para o personaxe de Candance Flynn na serie de Disney Channel Phineas e Ferb,

ademais de participar como protagonista na película Picture This! e en Aliens In The Attic, a cal foi estreada o 31 de xullo de 2009. Tamén lanzou o 28 de xullo do 2009 o seu segundo álbum de estudio Guilty Pleasure.

Ademais de aparecer como modelo publicitaria en anuncios televisivos, Tisdale alcanzou a fama prematura a través da participación en series de televisión, pero o salto definitivo conseguiuno grazas á sua interpretación como cantante, actriz e bailarina na largometraxe para televisión High School Musical, onde interpretou o papel de Sharpay Evans que lle deu o recoñecemento da prensa especializada e ademais do empuxón definitivo para lanzar a súa carreira musical como solista.

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.