Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
As Chaves do tempo

As chaves do Tempo, novela de Luisa Villalta, é unha novela baseada nun relato, polo que pertence ao ámbito literario e dentro dese ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia dun rei, don Arturo, que deixa en mans da fortuna quen dos seus fillos debe reinar.O narrador deste relato é a lingua galega. A introdución que hai antes dos capítulos está en primeira persoa mentres que os capítulos están en terceira persoa.

Os temas entorno aos que xiran os acontecementos son:

- O problema da sucesión que se lle presenta a don Arturo ao non ter claro a quen deixa o trono.

- O egoismo por parte de don Afonso (para subir ao trono e conseguir a outra chave) e por parte de Roi Soares de Paiva.

- A valentía e a intelixencia reflexada en María das Augas Doces ao liberar a don Pedro para que o reino acade a liberdade e a xustiza.

- Ademais destes temas hai outros como poden ser: a lealdade (por parte das doncelas á súa señora), o amor (existente entre María das Augas Doces e don Pedro).

Esta novela consta de 18 capítulos. A introdución corresponde ao capítulo 1, xa que nel é onde se presentan os personaxes principais, os cales son:

- Don Arturo: é o rei ao que se lle presenta un problema, o da sucesión.

- Don Alfonso e don Pedro: fillos de don Arturo. O primeiro é o que chega a reinar, manda apresar e sacarlle a chave a seu irmán, don Pedro, para quedar libre da súa ameaza e despois matalo.

Outro personaxe principal é Merlin, o mago que se vai encargar de interpretar o soño do rei e de fabricar as chaves. Ademais será o que lle ensine a don Pedro cousas para el nunca vistas, o futuro. Ademais dos personaxes principais existen outros personaxes secundarios: Alvar de Morasilla, Roi Soares de Paiva, María das augas Doces.

No capítulo 1 tamén se nos di en que tempo ocorre o relato, que é no tempo en que habia reis en Galicia, finais do século XV e principios do XVI. O espazo en que se desenvolven os feitos é no Reino de Galicia.

O nó abrangue dende o capítulo 2 ata o capítulo 16 xa que é onde se recolle todo o núcleo central da historia: a chegada ao trono de Alfonso, o apresamento de don Pedro e posterior fuxida grazas a María das Augas Doces.

O desenlace corresponde ao capítulo 17 e 18 xa que é onde Merlín lle conta a don Pedro como interpretara el o soño e como fabricara as chaves de xeito que non se diferenciasen unha da outra, ademais de ensinarlle cousas do futuro.

  • Resumo

O rei don Arturo, o cal tiña dous fillos, Afonso e Pedro, deixa en mans da fortuna, despois de ter un soño, quen dos dous debe reinar, para iso manda fabricar ao mago Merlín dúas chaves de igual apariencia pero de diferente substancia e oposto destino. Se o sucesor era o da chave de ouro traería a fortuna ao reino, se era o da chave de ferro traería a ruina ás xentes e o debilitamento da coroa. O sucesor foi don Afonso, o cal debido ao seu egoísmo mandou matar ao seu irmán pero este logra fuxir e despois de anos volve a Galicia e busca do mago Merlín para que lle diga se a súa chave é a de ouro. Este dille que as dúas foran feitas do mesmo material, só a crenza de que a propia era a de ouro, faría que actuasen de forma correcta, así fora como interpretara el o soño. Merlín ensínalle que o mundo continuara sen el. Móstralle a través dunha xanela cousas para el nunca vistas, lévao ao futuro.

  • Opinión persoal

O libro, a pesar de ser curto, pareceume moi pesado. Ensínanos que non hai que ser egoístas nin debemos rivalizar entre nós. Debemos actuar sempre con lealdade e boas intencións. Tamén nos ensina que ás veces unha persoa, privada de liberdade e nas peores condicións que poidamos imaxinar, pode amar a vida máis ca nunca cando ten algo polo que loitar. Paréceme interesante mencionar como ve un dos personaxes, Alvar de Morasilla, a Galicia: Como un país dado a crer en costumes fantásticas e con imaxinación. Para terminar vou mencionar unha frase que di Merlín a don Pedro e que me pareceu moi interesante: “o mundo cambia, a realidade transfórmase pero o ser humano que o fai cambiar por contra non pode cambiarse a si mesmo”.

Raúl Muñiz García – 3ºE

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.