Somos dúas alumnas que estudamos a ESO no IES Félix Muriel.
Chamámonos Cristina e Ana e en canto nos decatamos de que un dos
nosos profesores, Alfonso, fixera un cómic, dixémonos: Por que non
facerlle unha entrevista?
Pensade que non todos os días temos a posibilidade de atoparnos cun
artista tan preto da nosa vila, na aula de plástica do instituto de Rianxo.
Malia que nesta ocasión Alfonso non é nativo de Rianxo, o feito de
contar coa súa presenza dentro do profesorado do IES Félix Muriel, xa
é para a nosa vila, unha vila de escritores (Castelao, Rafael Dieste e
Manuel Antonio) e de gran riqueza cultural, unha alegría.
Así foi como por vontade propia e a iniciativa e colaboración de diversas
mestras, Tina (profesora de galego e coordinadora do equipo de
normalización lingüística) e Pepa (profesora de física e química e tamén
membro do equipo de normalización lingüística), que se encargou da
montaxe de vídeo, tivemos a oportunidade de entrevistar ao noso
profesor de plástica e autor dun gran cómic.
Tamén é para nós unha gran satisfacción ver o noso traballo, xa
terminado, colgado na páxina do IES Félix Muriel e como estamos
contentas co resultado da entrevista deixámosvos o vídeo para que o
vexades. (Está partido en dous cachos)
Profesor de plástica do noso centro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]