Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Sobre os prexuízos…

Estes traballos está feito polos seguintes alumnos de 3ºD :

Gonzalo Creo, Oliver García , Abel Lorenzo , Cristian Vidal, Manuel Rubén Gómez, Iván Ordoñez e Lois Fungueiriño//Sarela Betanzos

O Galego é a lingua Co-Oficial de Galiza xunto co Castelán, pero a lingua Oficial de España é o Castelán.

Se os Ingleses do século XIV pensasen como moitos Galegos do século XXI (“Se vas traballar fóra o noso idioma non serve” ou “Para andar polo mundo xa temos outro idioma”), pensas que o inglés sería hoxe a lingua que cumpre a función internacional no planeta terra??????

Se unha comunidade perde a súa lingua propia, non só perde a súa lingua senón que tamén perde a cultura e moitas outras cousas relacionadas con ela, como a propia identidade.

Din que os Galegos somos demasiado educados: cando ven un de fóra falámoslle en castelán, grazas a iso, pouco a pouco, estamos perdendo o noso idioma.

Por outra banda tamén está que agora no colexio en moitas asignaturas os profesores téñennos que falar castelán, nós podémonos expresar no idioma que máis cómodo nos resulte, pero isto canto tempo vai ser así? Porque eu estou vendo que dentro de pouco ata nós "os alumnos" imos ter que expresarnos en castelán para todo.

 

 

XOSÉ ANXO LÓPEZ



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.