Imaxe de cabeceira
Deportes
Remando remando

Este é un segundo traballo sobre remo feito por David Galbán Ces e Fran Hernández Varela


Segundo  Héctor, un monitor do Club de Remo de Rianxo, hai distintas formas de practicar este deporte. As modalidades son: remo de banco móbil, e remo de banco fixo (que é o que se practica no club de Rianxo), que consiste en facer remo cun banco que  non se pode mover. Dentro de banco fixo, atópanse dúas modalidades: con dous remos e con un . Dentro desta última modalidade podese competir con  tres barcos: batel (4 remadores e un patrón), traiñeira (6 remadores e un patrón), e traiña (13 remadores e un patrón).Ensinounos tamén  unhas fotos de 2010, de este mismo equipo gañando o seu primeiro campeonato de España, e uns vídeos da carreira máis importante de España: ‘’La Concha’’.

É un deporte no que fai falla moito esforzo tanto nos brazoos como nas pernas. O bonito deste deporte é poder viaxar por toda Galiza para competir e ver paisaxes moi bonitas. E paisaxes bonitas, en Galiza, hai para dar e regalar.

No adestramento, normalmente, nada máis chegar cambiámonos. Despois, vaise ao foso uns minutos, deseguido, báixanse os barcos ao mar e rémase o tempo que os adestradores queiran. Cando se acaba de remar, súbense os barcos e lávanse. Outros días, sáese a correr ou quedamos no recinto a facer circuitos de pesas.

Clara Villanustre 3ºA



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.