Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O ano de Celso Emilio

Este ano é o ano de Celso Emilio, adícaselle a el porque cúmprese un centenario da súa morte.

  O que se intenta con isto é poñer en valor o extraordinario legado de Celso Emilio e desenvolveranse polos centros de Galiza unha serie de actividades relacionadas co escritor.

Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912 e morreu en Vigo no ano 1979 aos 67 anos. Celso Emilio pertencía a una familia campesiña galeguista. Aos 20 anos organizou as Mocedades Galeguistas de Celanova, e tamén participou na construción da Federación de Mocedades Galeguistas en 1934. Ao pouco diso foi procesado por un artigo publicado en Guiero, representante de dita organización. En 1936 estivo encarcerado varios días no mosteiro de Celanova. Finalizada a Guerra Civil española foi redactor xefe en Fisterra. Despois diso estudou Dereito, e contribuíu en numerosos xornais e revistas. A publicación do poemario Longa noite de pedra no ano 1962 afirmouno como o herdeiro do legado de Manuel Curros Enríquez. En 1966 emigrou a Venezuela, onde organizou durante un período de tempo as actividades culturais da Hermandade Galega. Regresou a España no ano 1973 polo enfrontamento que tivos cos grupos dominantes da emigración galega, e dirixiu o Aula de Cultura Galega de Ateneo de Madrid. Tamén colaborou como crítico literario de obras publicadas en galego no diario ABC. No libro a Longa noite de pedra propúxose recuperar o realiso social da poesía galega do seu tempo. Celso Emilio adoptou un acento de pretesta, brusquedad e cruel sarcasmo que serviron de inspiración e de guía a moitos escritores dos anos setenta. Algúns de outros poemas seus son: Caetafol de poesía escrito no ano 1935, O sono sulagrado, viaxe ao sulagrado vixe ao país dos enanos e as cantigas de escarnio e maldicir escritas no ano 1968… A partir dos seus poemas algúns grupos músicais com Deus que te Crew, crearon algunhas da súas cancións. Como o poema deitado frente o mar.

Se queres oir o poema de Deus que te Crew preme sobre eles e iras directamente.

Este artigo foi realizado por: Carme Veiga e Alaine Cabo 3ºB




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.