Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Traballos de música galega
Metallica

Metallica é un grupo de Thrash Metal que se formou en 1981 nos Ángeles. Os membros que formaron este grupo foron James Hetfield, como guitarrista rítmico; Lars Ulrich, batería; Dave Mustain, guitarrista solista; e Cliff Burton, baixista.
 Dave Mustain marchou do grupo tras ter problemas con James e formou o grupo de Megadeth, foi destituído por Kirk Hammett. Cliff Burto está proposto como o mellor baixista de todos os tempos no sector do Metal. Este deixou o grupo tras a súa morte nun accidente de autobús cando ía de xira co seu grupo. Esta morte foi moi estraña porque unha horas antes da morte, Kirk e máis Cliff xogaron ás cartas apostando quen durmía na liteira da riba que era na que durmía Kirk, esta aposta ganouna Cliff, e  cando sucedeu o accidente Cliff saíu pola ventá do autobús e morreu nese mesmo intre. Este foi substituído por Jason Newsted, que durou quince anos como baixista de Metallica, e logo reemprazado por Roberto Agustín Miguel Santiago Samuel Trujillo Veracruz tras un enfado con James.


Metallica ata o día de hoxe publicou dez discos e o último presentado no verán de 2011 e titulado Lulu, coa colaboración de Loud Reed. Os discos máis vendidos foron Master of Puppets e o The black album.
Metallica ten unha gran cantidade de premios: nove grammys, dous premios MTV  e varios premios máis, como recoñecemento ás súas cancións e álbums.

 


Grupo musical de thrash metal



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.