Presentámosvos un artigo sobre o remo baseado no traballo das nosas compañeiras de clase Sara RuÃz, Carmela Castro, Laura Caamaño e Marta Calvo
RESUMO DA CHARLA

REFLEXIÓN E CONCLUSIÓN PERSOAL
A nosa conclusión é que o deporte é necesario para manter unha vida saudable. En concreto, o remo, porque traballas a maior parte dos músculos.
O MEU ADESTRAMENTO
Descrición do adestramento:
Os adestramentos baséanse nas saídas ó mar ou nos adestramentos en terra. Cando se sae ó mar faise quentamento e series de como máximo trinta minutos ou progresións, subindo o ritmo. Cando se queda en terra quentamento correndo, no foso, ou no ergómetro. Fanse circuítos de pesas e nalgunhas ocasións costas, que consiste en subir unha pendente correndo á maior velocidade posible.
Sensacións durante:
Neste deporte podes sentir o ruído que xeran as olas contra a embarcación, e o ruído dos remos cando entran na auga e tamén o cansazo que che produce realizar un deporte no que moves tantos músculos.
Sensacións despois:
Se realizaches un gran adestramento sénteste satisfeita polo teu rendemento e tamén cansazo por todo o esforzo que fixeches.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]