Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Premio á innovación educativa

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, inaugurou hoxe a Xornada de Innovación en Dinamización Lingüística para Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que se celebrou no IES As Fontiñas, en Santiago.

 Nese acto entregáronse os premios aos equipos galardoados, entre eles o noso centro, cuxo equipo esta dirixido por Tina Formoso Gosende.

            O programa da xornada incluíu a presentación dos cinco proxectos gañadores dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística que convoca anualmente a Xunta de Galicia, e mais das medidas que se están a levar a cabo nos centros para fomentar o uso da linguoa galega, da man do profesorado que coordinou o deseño e a posta en marcha destas accións innovadoras. O noso programa foi nomeado como”Rianxo 2112: construíndo un pasado para o noso futuro”

   Esta actividade formativa, dirixida principalmente ao profesorado implicado na elaboración dos proxectos gañadores dos premios, busca dar a coñecer as experiencias dinamizadoras máis interesantes, así como converter en referentes os centros que poidan servir como modelo polo seu papel dinamizador.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.