Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Isaac Díaz Pardo

O perfil do galeguista ISAAC DIAZ PARDO

Isaac Díaz Pardo naceu en Compostela en 1920.A súa educación estivo influiciada polo contacto cos máis importante intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar  Ponte…), reunidos no reunidos no obradoiro de seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño, (o cal foi membro activo das Irmandades da Fala,asesinado en 1936), o una imprensa de Ánxel Casal. O seu compromiso con Galicia comezou en 1936,cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Entre 1939 e 1942 estudou Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid. Completou a súa formación cunha viaxe de final de carreira a Italia. Ao seu regreso inicia unha etapa de dedicación plena á pintura, que abandonou en 1948 para entregarse por completo a un proxecto de dinamización  sociopolítica e empresarial.

Un ano antes puxera xa en andamento unha pequena fábrica de cerámica  no Castro de Samoedo (Sada-A Coruña) explotando as materias primas do primitivo complexo de Sargadelos (Cervo-Lugo) creado no século XIX.

En Arxentina coñeceu aos galeguistas exiliados.Alí montou  unha nova fábrica de cerámica e mantivo unha amizade con Luís Seoane e a revista “Galicia Emigrante” na que participaría co pseudónimo Ollarnovo. Desde este momento, Seoane convertiuse nun importante colaborador nas iniciativas do compostelán .Así,co apoio doutros galeguistas (Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco-Amor, Laxeiro…) fundaron en 1963 o Laboratorio de “Formas” ao que se incorporou  posteriormente o arquitecto Andrés Albalat.

Desde esta institución irían tomando forma proxectos como o Complexo Industrial Sargadelos (en convenio con Cerámicas do Castro) e Ediciós do Castro (ambos en 1963) o Real Patronato de Sargadelos (encargado da protección do recinto do primitivo complexo, declarado en 1972 conxunto histórico-artístico), o Museo Carlos Maside (1970), o Instituto Galego de Información (a partir dunha idea do xornalista Lorenzo Varela) ou o novo Seminario de Estudos Galegos.

A inxente actividade rexeneradora promovida por Isaac Diaz Pardo promovedor de todo tipos de actos e iniciativas plasma a súa idea, afastada das visións folcloristas, dunha nación galega proxectada cara o futuro.

No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial; el mesmo emprederá varios xéneros, desde o teatro a crítica e o ensaio ou os cartaces de cego, daquela unha continuada  presenza nos medios xornalísticos.

En xaneiro de 2007 foi nomeado doctor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

Algunhas das súas obras:
    Crónicas inconformistas.
    Midas. O ángulo de pedra.
    Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por il mesmo.
    Presencia galegas na arte dos nosos días. Teatro en Israel.
    Teres carteles de cego.
    Volverlles a palabra. Homenaxe aos represialiasdos do franquismo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.