Imaxe de cabeceira
Deportes
GÓMEZ NOYA. DEPORTISTAS GALEGOS

 

 

NOME:   Francisco Javier  Gómez  Noya

DATA DE NACEMENTO:  25 -  03 – 1983

ALTURA:  1,78 m

PESO:  75 kg

DEPORTE:  Triatlón

 

BIOGRAFÍA.

Seus pais,  emigrantes galegos, vivían en Suiza e tres meses despois do seu nacemento trasladáronse a Ferrol. Inicialmente  Javier  xogaba ó fútbol, pero ós 11 anos comezou no  Club Natación Ferrol. En 1998 uns compañeiros propóñenlle o triatlón e acompañado do seu adestrador, Xosé Río Seco, comeza neste deporte. Con 17 anos enterouse de que padecía valvulopatía ( anomalía cardíaca que produce a perda de capacidade para controlar o sangue que flúe dende o ventrículo esquerdo á aorta). Pese a esta anomalía, Javier continuou competindo, e considerandoo como un reto persoal. Durante a súa traxectoria conseguiu numerosos títulos, superando obstáculos como a perda  da súa licenza de competición  pola súa valvulopatía, e convertiuse nun dos mellores triatletas do mundo.

 

TÍTULOS.

Gañou numerosos títulos en triatlón, os máis importantes foron:  campión do mundo sub-23 (2003), campión de Europa (2007), campión Copa do mundo (2006), campión Copa do mundo (2007) e campión do mundo no 2008 e 2010.

Outros títulos gañados foron en natación,  campo a través ou en duatlón.

 

ADRIANA ANTELO 1ºBach-C



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.