Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A Peste Negra

 

A Peste Negra ou Morte Negra refírese á peste bubónica, que foi o tipo de virus que afectou á poboación europea no século XIV. Esta enfermidade provocou a morte de vinte e cinco millóns de persoas, case un terzo da poboación europea.

 

 

 

 

 

 

 

 

 
A continuación, imos dar unha serie de puntos primordiais sobre feitos históricos acerca desta enfermidade:
-Pensábase que era unha maldición.
-Comézase a practicar a exhumación.

-O virus chegou aquí grazas ás ratas que traían os barcos de Oriente.

-Os médicos encargados de curar e investigar esta epidemia lucían un traxe característico, composto por moitos elementos, co que se crían inmunes á infección.

A continuación aportaremos unha descrición biolóxica, bastante útil para coñecer mellor esta horrorosa enfermidade.

Este andazo é propia dos roedores e pasa de rata en rata a través das pulgas: a pulga pica a unha rata infectada e engule o bacilo xunto co sangue; este bacilo pode quedar no intestino da pulga durante tres semanas e, cando pica a outro animal ou persoa, pódeo contaxiar.

No caso da peste entre humanos, o contaxio só podía deberse á picadura da pulga ou mordedura da rata, nunca por contacto directo ou a través da respiración.
Aquí temos os síntomas característicos en humanos:
1ª fase:

-       Hipertermia, dor de cabeza, delirios, tremores e posibilidade de defunción nun día ou día e medio.
2ª fase:

-       Gangrenas, adenite, carbunclos e petequias. Os bubos saen na éngoa, axilas e pescozo. Están recheos de pus; ao principio son dolorosos pero cicatrizan deseguida, pasando por un proceso flemonoso. As petequias danlle á pel un aspecto atigrado, de aí o nome de “peste negra”.

 

 

por Alejandra Picón e Lidia González



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.