Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
A Banda sen futuro

A banda sen futuro, novela de Marilar Aleixanche, é unha novela que pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia dunha rapaza de 16 anos, chamada Carlota, á que lle raparon o cabelo debido a un eccema. O narrador é interno, a historia está contada pola protagonista dos feitos e, polo tanto, trátase dunha narración en primeira persoa.

Os acontecementos xiran en torno a varios temas: Un deles é o disgusto de ter que mudarse a unha cidade, sen mar, debido a un ascenso no traballo de seu pai. Tamén o medo a encontrarse con compañeiros e profesores novos aos que non coñece onde non lle vai ser doado facer amigos ao levar o cabelo rapado ao cero a causa dun eccema. Por último, a falta de sensibilidade reflexada na forma en que a trata unha persoa do concello ao apartala para un lado e ao non a deixar saír nunha foto por levar gorro facéndoa sentir distinta aos demais.

Nesta novela tamén se dan temas relacionados cos profesores, cos compañeiros e cos anos.

No capítulo 1 e 2 preséntasenos o personaxe principal que é Carlota, unha rapaza de 16 anos que leva o cabelo rapado ao cero debido a un eccema o que lle supón desacougo, soidade, medo aos demais e temor aos espellos.

Ademais do personaxe principal hai personaxes secundarios como: a avoa, Mister Bean (o titor), Elvira (profesora de bioloxía), Gracia (profesora de debuxo), Miguel e Paulina (compañeiros de clase), etc. Un dos dos personaxes que cabe destacar é Moncho, un compañeiro de Carlota que tamén ten o cabelo rapado pero non por enfermidade senón por comodidade e que vai a chegar a saír con Carlota.

O espazo ou lugar onde se sitúan os feitos é unha cidade galega, sen mar, na novela non se di o seu nome.

 A época na que se desemvolven os feitos é a actual. Podemos falar dun tempo interno, é dicir, do tempo que duran os acontecementos narrados na historia, neste caso, os acontecementos duran desde o luns 21de setembro ata o martes 24 de novembro, é dicir, dous meses.

A introdución corresponde ao capítulo 1 e 2 xa que neles preséntasenos a protagonista e dise onde transcorren os feitos

O nó ou desenvolvemento abrangue dende o capitulo 3 ao 17 xa que é onde se recolle todo o núcleo central da historia, onde se nos contan os problemas que lle xorden a Carlota no instituto, as visitas ao hospital por culpa do tratamento, a enfermidade da súa avoa, o amor e desamor, etc…

O desenlace corresponde ao capítulo 18 onde se nos conta o final do pesadelo de Carlota e que xa pode deixar medrar o cabelo e como acaba saíndo con Moncho.

- Opinión persoal.

A min esta novela non me gustou moito pois os problemas que se lle plantean a Carlota son moi parecidos aos que e nos poden dar a calquera de nós, xa que todos tivemos algún que outro desacordo con algún profesor polas datas dos exames, profesores que fixeron que nos chegase a interesar a súa materia, etc. Para min o máis interesante e o que me fixo pensar é o que di Moncho sobre o futuro, que unha parte do que nos pase no futuro depende de nós, que ao mellor non conseguimos todo o que soñamos, pero que para conseguilo témolo que soñar primeiro. Outro dos temas a mencionar é que as veces estamos tan inmersos nos nosos problemas (como lle sucede a Carlota) que non lle prestamos demasiada atención ás persoas que nos rodean e estas si que poden telos moito máis gordos ca nós, pero non se queixan tanto nin reclaman tanta atención.

Infome da lectura elaborado por Raúl Muñiz 3ºE



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.