O pasado 16 de xaneiro visitou o IES Félix Muriel Conchi Regueiro, a escritora da “A herdanza do Marqués”, o libro que lemos todos os alumnos/as de 2º de ESO. Comezou disculpándose do seu estado de voz e a continuación empezou a dar a súa entretida charla. Recalcou que era unha escritora de ficción, pero tamén quixo deixar claro que a ficción ten aspectos imposibles cunha base racional. No libro a parte da ficción, quixo poñer cousas ou obxectos que nos rodean ( cine,centro comercial…).Respecto aos persoaxes contou coa voz subxetiva de Xandra e ca obxetiva de Zoila. Sobre os correos que aparecen no libro, comentou que os puxo para aportar outra opinión dende o punto de vista de Zoila, e así tamén aportaría máis detalles dende outro punto de vista.
Despois contou que o libro fora editado no 2009, pero que no 2007-2008 xa acabara de escribir a historia, só que os trámites eran moi lentos. Despois repitiu varias veces que era moi rápida escribindo os seus libros e novelas só lle levaban un prazo de 3 ou 4 meses. Tamén comentou que lle parecía moi raro o favoritismo dos persoaxes dalgúns lectores. Nun ano visitou un instituto, e a maioría dicía que o seu persoaxe favorito era Lois, porque pode facer ben ou mal, pero que sempre se preocupa dos seus.
Dixo que actualmente estaba escribindo a 2ª parte da “ A herdanza do Marqués”, pero que aínda se atopaba no inicio, pois de momento só leva 7000 palabras, máis ou menos 14 ou 15 follas. Un dato curioso é que ela escribiu un libro en castelán chamado “Cielo mío” e a editorial traduciuno tamén ao inglés. Gañou o premio de literatura, relato e novela. Pero desgraciadamente non gañou o premio da “Meiga Moira” según ela dixo: “Son a eterna finalista de Meiga Moira”.
Logo viñeron as numerosas preguntas:
Aida, unha alumna de 2ºC fixo varias, entre elas estas dúas:
Parecese Vilacardoso a algún lugar dos que ti visitaches?
A verdade é que sí, Vilacardoso parécese moito a unha aldea que se chama Xinxo.
Na 2ª parte cambiarás os persoaxes?
Non, seguirán os mesmos .
Despois preguntou Carlos Bustelo, unha pregunta moi curiosa:
Se a vostede lle deran como posibilidade facer unha película sobre “A herdanza do Marqués”, que respondería? Si ou non?
Encantaríame que fixeran unha película do meu libro, pero teño que recoñecer que non meterían todos os detalles porque senon sería imposible, a película duraría moito.
Logo, preguntou Nerea de 2ºB:
Foi fácil editar o libro?
A verdade, que os da editorial o colleron moi ben pero custou traballo escribilo, 14 meses máis ou menos.
Viches os nosos cómics? Gústaronche?
Sí, sodes uns artistas! Gústanme moito os cómics e algún día gustaríame facer un, aínda que non dibuxaría eu pois dáseme moi mal.
Porque se che ocurriu poñer a Mati e a Belén lesbianas?
Pois simplemente o fixen porque é unha cousa normal aínda que é máis habitual nas cidades. Non lle tedes que dar maior importancia.
Despois, aínda hubo máis preguntas de máis e máis alumnos/as:
Que che gusta máis, escribir en galego ou en castelán?
Ambas me gustan. Confeso que me gusta xogar coa lingua española e coa galega, este “xogo” fixeno nalgúns dos meus libros.
Porque se che dou por empezar a escribir?
Porque dende sempre me gustou moito ler.
Finalmente despois de moitas preguntas, Conchi recibiu pola nosa parte un grande e longo aplauso. E máis tarde como todos os/as numerosos/as escritores/as que visitaron o IES Félix Muriel, Conchi firmounos cunha curiosa dedicatoria todos os nosos libros. Sacamos moitas fotos con ela, e logo despedimonos .
É unha das visitas que máis me gustou, pois vina moi cercana e agradable. E tamén me pareceron moi interesantes as preguntas que se lle fixeron, e da forma que ela as respondeu. Definitivamente gustoume moitísimo a entrevista de Conchi Regueiro. E espero que volva para o ano que ven.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]