Imaxe de cabeceira
Deportes
Teresa Portela – Piragüismo

 

 

Nome:  María Teresa Portela Rivas
Día de Nacemento:  5 de Maio de 1982
Idade actual:  29 años
Lugar de Nacemento: Cangas de Morrazo (Pontevedra)
Estado Civil: Solteira
Peso: 69kg
Estatura: 1.72 m
Entrenador: Xesús Morlán Fariña
Estudos: Estuda Maxisterio

 

 

É unha deportista galega que compite en piragüismo. Participa nas categorías de kayak monoplaza, bipraza e de catro, nas distancias de 200 m e 500 m (K1-200, K2-200, K4-200, K1-500, K2-500 y K4-500).

A nivel profesional os premios máis importantes que María Teresa Portela Rivas obtivo son os seguintes.      

- Medalla de Bronce K-4 500 no Campionato de Europa de Milán 2008

-      Medalla de Bronce K-4 500 no Campionato do Mundo de Canadá 2009

-          Medalla de Bronce K-4 200 no Campionato do Mundo de Zagreb 2005

-          Medalla de Prata K-1 500 nos Xogos do Mediterráneo de Almería 2005

-          Medalla de Prata K-1 500 nos Xogos do Mediterráneo de Pescara 2009

-          Medalla de Prata K-1 200 no Campionato de Europa de Belgrado 2011 

-      Medalla de Prata K-2 200 no Campionato do Mundo de Zagreb 2005

-          Medalla de Ouro K-1 200 no Campionato do Mundo de Racice 2006

-          Medalla de Ouro K-1 200 no Campionato do Mundo de Zagreb 2005.

 

A atleta participou en 5 campionatos do mundo, 5 campionatos europeos, 3 xogos olímpicos (Sídney, Atenas y Pekín) e 2 xogos do mediterráneo.
 
María Teresa Portela Rivas competirá, por cuarta vez consecutiva, nuns xogos olímpicos (Competirá nas Olimpiadas de Londres 2012). Trala súa vitoria na final B do Mundial celebrado recentemente en Hungría, a pontevedresa convirtiuse na primeira galega en disputar catro Xogos Olímpicos e o seu K-1 200, é a única embarcación feminina que acudirá a Londres representando a España.

 SHEILA CESPÓN (1ºBach.A) e FABIÃN GÓMEZ (1ºBach.C)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.