Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Prexuízos explicados por Núñez Singala

  Núñez Singala explicounos mediante xogos e enigmas os diferentes prexuízos que temos os falantes sobre as distintas linguas. Un dos prexuízos que nos presentou foi que o galego é una lingua bruta que soa mal. Despois preguntounos que linguas nos soaban ben e dixemos: o italiano, o francés, o español e o inglés. Deseguido preguntounos cales nos soaban mal e contestamos: o alemán, o árabe, o ruso e o xaponés. El explicounos que non hai linguas que soen ben e outras que soen mal; senón que temos ese prexuízo porque asociamos a lingua dun país con algo característico del, que nuns casos gústanos e noutros non, ou pola súa proximidade a nós.

Outro dos prexuízos era que aprender galego é una perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entendernos. Este prexuízo fíxome reflexionar e pensar que se houbese unha soa lingua no mundo non habería que aprender outras, pero perderíase toda a riqueza lingüística do mundo, o cal sería una verdadeira traxedia. Outro prexuízo que me chamou a atención foi que falar en galego cando hai alguén que non o fala é de mala educación. Na miña opinión isto non debería ser así, xa que sempre que a persoa ca que falamos nos entenda non deberíamos cambiar de lingua.

Mediante enigmas e xogos como contar o número de cadrados , pasar con catro liñas consecutivas por nove puntos sen levantar o lapis do papel, foinos explicando os prexuízos anteriores.

Grazas a esta actividade coñecemos mellor os prexuízos e agora podemos mellorar e abrirlle a porta a todas as linguas.

Cantos cadrados hai?

       
       
       
       

Solución:30                                

                                                                                                                                                    

           

Sara Otero (4º ESO C)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.