Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
O profesor do noso IES, X.M. Lobato, presenta o seu novo libro

O pasado venres 27 de xaneiro foi a presentación do libro Máxico tear natural do profesor deste instituto Xosé Manuel Lobato

Tivemos unha cita, toda a comunidade educativa, o venres á tardiña, concretamente ás 19,45 h. na biblioteca do IES onde o profesor de matemáticas, e escritor, X. M. Lobato, presentou o seu novo libro Máxico tear natural.

A presentación correu a cargo de Xosé Ricardo Losada e contou coa presenza do autor e profesor do centro. Este acto enmárcase no programa de mellora da biblioteca que se está a desenvolver no presente curso, integrándose ademais na actividade do club de lectura Ex-libris.

Animámosvos a ler o libro

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.