Imaxe de cabeceira
Deportes
O Movemento Olímpico. Londres 2012.

É quizais o legado do clasicismo grego mellor conservado. Moito máis que o Partenón ou as Cariátides. Nin siquera o orixinal do mítico Discóbolo de Mirón, exemplo tanxible do olimpismo, logrou escapar do tempo e só as copias romanas permanecen. Cada catro anos, os Xogos Olímpicos reverdecen gracias ao fogo sagrado, nas raíces mismas da tradición Helénica.

            O comezo desta festa do deporte sitúase, na cidade Grega de Olimpia arredor do ano 776 AC e celebrábase na honra dos deuses máis importantes do Olimpo. Durante cerca de tres mil anos foron o marco das competencias  nas que participaban atletas de todas partes de Grecia e nas cales sempre reinaba a paz, pois aínda que existirá guerra no momento que se efectuaban os xogos, impoñíase unha tregua entre os contendientes para non interferir na realización da olimpiada.

            Personas de tódolos rincóns do territorio grego asistían a ver os xogos. Entre os espectadores sempre podía encontrarse: políticos e autoridades de alto rango que aproveitaban a ocasión para concertar alianzas entre ciudades, comerciantes que vendían de todo,  artistas e poetas que participaban nos festexos nocturnos.

            Naqueles antiguos xogos participaban só homes libres que falaban grego, e as mulleres tiñan estrictamente prohibido intervir, e se eran descubertas nos xogos eran castigadas, incluso coa morte.

            Na súa orixe, aqueles que participaban, facíano, a diferencia dos nosos días, a título individual e non como hoxe representando a un país. Curiosamente non se entregaban medallas, só se colocaba na cabeza do gañador unha guirnalda feita con follas de olivo. Nas cidades natais levantábanse bustos dos vencedores e escribíanse poemas no seu honor.

            Os xogos olímpicos da antigüedade non só eran un evento atlético. Tamén favoreceron o desenvolvemento cultural ao amparar a creación humana en diversos campos como na escultura, arquitetura, matemáticas e poesía. Por exemplo, destaca o templo de Zeus en Olimpia, diseñado por Libon, e en cuxa edificación usóuse un sistema de proporcións xeométricas que se basou nos planteamentos de Euclides. Mentras que na escultura, os xogos inspiraron o famoso “Discóbolo” de Mirón. En canto á poesíal, coñécense infinidade  de odas, escritas por famosos poetas, como Píndaro e Simónides, para inmortalizar os triunfos dos atletas nas Olimpiadas.

            A última olimpiada da antiguedade, cunha larga lista de campeón, foi a do ano 394, xa na era Cristiana. Prohibida  polo emperador romano Teodosio I, por consideralos un espetáculo pagano, condenou á antorcha olímpica a mantersee apagada durante moitos anos.

            O fundador dos Xogos Olímpicos da era moderna foi Pierre de Fredy, Barón de Coubertein. Naceu no seno dunha familia aristocrática, sempre estivo interesado na educación e cría que o deporte tiña o poder de beneficiar á humanidade e alentar a paz entre nacións do mundo.

            Dende o ano 1936, a chama e prendida en Grecia e transportada facendo relevos da antorcha ata a sede dos xogos. Esto simboliza a unión entre os xogos da antigüedade e os xogos modernos. A chama é prendida no antiguo sitio de Olimpia polos raios naturais do sol reflexados nun espello curvo. É prendida nunha ceremonia por unha muller vestida con roupas usadas na antigüedade e é ela quen fai entrega da mesma ó primeiro corredor.

Pasaron catro anos dende a última cita olímpica e este ano tócalle o turno a Londres. Nesta, como noutras citas, participarán deportistas galegos (David Cal, Teresa portela, Antón Paz, Carlos Pérez,…) que representan ao equipo nacional na procura da Gloria Olímpica.





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.