Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Morre Isaac Díaz Pardo

Homenaxe á prensa galega morta.

Isaac Díaz Pardo naceu en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e morreu na Coruña o 5 de xaneiro de 2012 por problemas respiratorios; foi un galeguista entregado á tarefa de preservar, fortalecer e recosstruír a cultura e a memoria de Galicia. Doi deseñador industrial . escritor , editor . promotor e mecenas de proxectos.

O seu pai , Camilo Díaz Baliño , era pintor e estaba vinculado ás Irmandades da Fala , polo que na súa casa facíanse xuntanzas dos galeguistas. Foi un dos primeiros paseados da guerra civil española , o que provocou que o seu fillo, Isaac, tivese que agocharse ata poder saír de Compostela. Logo pasou a traballar como rotulador na Coruña.

Ao ser supervivinte díxose a si mesmo que tiña que lembrar aos mortos e levar a cabo os soños polos que os mataran.

Cando acabou a guerra , cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando ( Madrid ) .

Abandonou en 1948 a pintura , para adicarse a un proxecto de dinamización sociopólitica e empresarial centrado en destacar a historia de Galicia.  

GALICIA TÍNXESE DE LOITO POLA MORTE DESTE GALEGUISTA QUE DEU A SÚA VIDA POLO GALEGO.


Xosé Anxo López



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.