Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Manuel Nuñez Singala deu unha charla no I.E.S.

Os prexuízos dunha lingua” ese foi o tema do que nos falou Manuel Nuñez Singala o director de Servizos de Normalización da Universidade de Santiago de Compostela. Contounos como o ser humano tende por defecto a críticar as cousas que non coñece por exemplo a lingua Galega. Unha lingua falada polo 75% dos Galegos. Pero …. que pasa con ese 25%? Sinxelo como ben dixo Manuel : “non hai persoas que fagan tanto dano a súa propia lingua como os galegos”. Isto sucede porque segue habendo moitos prexuizos coa nosa lingua, moita xente di que “non serve para nada “, que “ e unha perda de tempo” ou simplemente “ porque soa mal”. Por que xulgar algo que para moitos é descoñecido? Manuel Nuñez Singala demostrounos que isto é así grazas a uns catro xogos nos cales nos demostraba como tendemos a facer as cousas á lixeira, sen pararnos a aprender ou simplemente a observar. O primeiro xogo consistía en dicir cantos cadrados había, nun de 4X 4. con este xogo aprendeunos que ás veces as apariencias non sempre son o que parecen e porque unha lingua sexa diferente non quere decir que non nos poidamos parar a escoitar e aprender. No segundo como pasar por 9 puntos sen levantar o lápis do papel. O terceiro era unha historia na que outra vez nos ensinaba que as cousas obvias non son tan sinxelas como parecen. E por último mandounos sumar uns números para demostrarnos que aínda que todos sabemos sumar non nos vai dar o mesmo resultado xa que facemos todo a lixeira. E o mesmo pasa co galego. Por moito que todos saibamos falalo hai persoas que prefiren non facelo polos PREXUÍZOS.

 

 
 

A charla do 16 de xaneiro foi moi interesante, a min gustoume non só polo contido senón polo ben que o explicaba Manuel Nuñez Singala.

 

 

 

 

Jennifer Lorenzo Creo 4ºESO B




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.