O sal contén varios compoñentes procedentes do efecto de disolución provocado pola choiva ao caer sobre as rochas, a través dos ríos. Por suposto os que teñen probabilidades de chegar ao mar son os máis solubles en auga que son o cloro e o sodio, os compoñentes básicos do sal común, e que representan o 90% de todos os compoñentes disoltos do mar.
O mar contén 37 gramos de sal en cada litro, é dicir, case 40 bolsas de 1 quilogramo como as que hai no supermercado para cociñar, en cada metro cúbico. Se toda esta concentración se extraera dos océanos xeraría unha capa de sal duns 45 metros de espesor.
Sen embargo, aínda que pareza moito, os cálculos dos índices de escorrentía indican que a estas alturas, o mar debería estar saturado completamente de sal e tan morto como o mar Morto.
O ecoloxista James Lovelock propuxo unha explicación na súa Gaia Hipótese nos anos 1970 segundo a cal os organismos vivos interactúan ca Terra de maneira que manteñen o planeta nas condicións adecuadas para a vida. Un exceso de salinidade representa unha grave ameaza para a vida mariña; Lovelock preguntouse entón si habería algún organismo que soportara a salinidade da erosión de toda a Terra.
Atopou un candidato: un microbio primitivo causante da creación de lagoas grandes pero pouco profundas das rexións costeiras como Baixa California, onde a calor do sol evapora a auga e fai que se concentre o sal. Non está claro se o proceso é o suficientemente potente como para evitar a saturación do mar, pero polo menos aporta unha resposta fascinante a este misterio.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]