Outra vez vos escribo sobre a miña estancia en Polonia, pero esta vez para falarvos sobre a clase, os compañeiros e o instituto en xeral.
Nestes tres meses pasados estiven estudando na escola de Korczyna. A escola é moi grande e colorida. Nela estudan nenos dende seis ata quince anos. A escola está formado por un só edificio onde hai un comedor, unha biblioteca, unha cantina, unha habitación con xogos para os nenos pequenos, e moitas clases. Fóra hai unha pista moi grande e un aparcadoiro.
Os nenos non teñen todos os días o mesmo horario. Algúns días teñen seis clases, outros sete e outros oito e despois de cada clase teñen entre dez e quince minutos para descansar. Na miña clase hai vinte e tres alumnos, dez nenos e trece nenas, todos teñen catorce anos. Todos os días, os nenos da escola teñen que cambiar os zapatos da rúa por outros, xa que poden estar sucios pola neve ou pola choiva. Para isto, hai unhas celas onde os nenos, pola mañá intercambian os zapatos e deixan os abrigos. As aulas son grandes e todas teñen unha cruz e moitas plantas. Os nenos da miña clase falan pouco inglés pero son moi bos e agradables. Algúns profesores falan inglés pero non todos, e por iso era un pouco difícil comunicarme con eles. Pero é moi divertido vivir con xente que non fala na mesma lingua.
SARELA 3ºD
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]