Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / 100 primaveras máis lendo en galego
Peche da actividade de celebración do ano de Cunqueiro

Hoxe veu a TVG gravar o peche da actividade de celebración do Centenario de Cunqueiro.

 Esta actividade desenvolveuse ao longo do trimestre, pero foi hoxe, día de peche da actividade, cando veu a TVG recoller unhas imaxes para facerse eco desta homenaxe que o noso centro lle rendeu a Cunqueiro no ano do centenario do seu nacemento. Recordamos que a devandita actividade está enmarcada dentro do proxecto do Equipo de Dinamización da lingua galega: Rianxo 2112.

Na biblioteca do centro, que vedes como fondo, léronse numerosos textos da variada obra do coñecido autor mindoniense, tanto da súa prosa coma da poesía. Mais tamén contamos coa participación de alumnas e alumnos na modalidade de recitado e contacontos.

No día de hoxe fixeron o labor de presentación para as cámaras de televisión e para os compañeiros e compañeiras que estabamos presentes, Lidia e Douglas. 

Valentina,a coordinadora do noso Equipo de  Dinamización explicou o interese desta actividade, 100 primaveras máis lendo en galego

Alejandra Picón foi a representante da sección de “contacontos”

Os membros do xurado, puntuais coma sempre, tomaron notas

O presentador saudando a Lolita a limpadora, que leu un poema

Sara Otero que foi a gañadora na modalidade de recitado

Miguel Silva contou un dos relatos de Cunqueiro ambientado en Rianxo, e ata lle quitou o micro ao presentador…

Mais despois de todo o proceso de gravación, non o emitiron no programa A revista, tal e como quedaran, xa que estiveron proxectando a investidura do novo presidente do goberno… Estamos algo enfadados/as!

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.