Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Dicionario de Química

A Universidade da Coruña publica o Dicionario de Química, unha nova ferramenta lingüística de máis de 400 páxinas e coa definición de máis de 7.000 termos e apéndices con información complementaria de interese. Con esta obra a Universidade da Coruña fai a súa achega ao Ano Internacional da Química.

 

O Servizo de Publicacións e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña veñen de publicar o Dicionario de Química da autoría de Ramón Vilalta, Juan José Guillín Fraga e Antonio Varela Caamaño.

                           

  Este dicionario recolle uns 7000 lemas pertencentes ao ámbito da química, entre os que se inclúen tanto os termos técnicos da nomenclatura proposta en 2005 pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) como outras denominacións históricas ou tradicionais.

 

As diferentes entradas propoñen descricións e explicacións precisas, actualizadas e sinxelas dos diferentes elementos e conceptos, acompañadas no seu caso polas fórmulas e representacións gráficas pertinentes. Completan a exposición varios paneis de orientación divulgativa sobre aspectos e temas específicos e dez apéndices que proporcionan  informacións complementarias, como, por exemplo, a táboa periódica dos elementos ou un glosario de 1200 entradas en galego coas respectivas correspondencias co inglés, castelán e portugués. Publicado no marco do Ano Internacional da Química (2011), supón unha achega importante no proceso de normalización da lingua galega para o uso académico e científico, á vez que proporciona unha ferramenta óptima para o ensino, a aprendizaxe e a propia investigación nesta disciplina.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.