Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Videoconferencia de Ángel Carracedo

O venres 4 de Novembro, día da ciencia en galego asistimos a unha videoconferencia de Angel Carracedo, catedrático e director do Instituto de Medicina Legal.

Falou dende Brasil, aproximadamente vinte minutos, e despois os distintos institutos que estabamos conectados fixemos preguntas vía chat, ás cales contestou.

O título da videoconferencia “Aplicación da investigacíón xenética: o seu uso na práctica policial”. Foi moi interesante, tratando distintos temas que nos foi explicando: falou dos atentados do 11M e 11S, nos cales el e o seu equipo participaron no recoñecemento de vítimas e sospeitosos. Tamén participaron no recoñecemento das vítimas do tsunami. Falou tamén un pouco dos casos das probas de paternidade, que ultimamente se piden moitas. E algo do que falou que nos chamou moito a atención foi dos SNPs, que nin sequera sabiamos da súa existencia: son cambios na secuencia de ADN que afecta a unha soa base, e constitúen ata o 90% de todas as variacións xenómicas humanas que pode afectar á resposta de individuos a: enfermidades, bacterias, fármacos…. Non cambia moito nas distintas xeracións e é fácil seguir a súa evolución nas distintas poboacións.

Pareceunos unha charla moi interesante que axudou a que moita xente se interesase máis pola ciencia. Pero o que máis nos gustou foi como nos falou, transmitía moita cercanía (a pesar de estar tan lonxe) e gran tranquilidade.

Deixámosvos unhas fotos que sacamos durante a actividade

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.