Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
Opinión sobre “13 badaladas”

A verdade é que o libro non me gustou.

A historia é boa pero creo que o escritor non a explotou demasiado. En primeiro lugar, hai elementos que quedan inconclusos e que ao final non podes unir, se era o que pretendía. Refírome, por exemplo, a Esmeralda e á secretaria de Xacobe.

En segundo lugar, cando o home da Confraría fala esténdese demasiado en cousas que non teñen moito que ver. Ademais, esta parte ao principio parece un informe para a Confraría, logo recolle un carácter máis espistolar e por último parece un diario. O que quero dicir é que me parece unha narración un pouco frouxa. Suso de Toro ten cousas que interesan, como por exemplo a manía de Celia de inventarlle historias á xente que ve pasar, e moitas máis cousas. Porén, cando buscas o estilo ou unha técnica narrativa limpa e perfectamente estructurada a cousa tambaléase. Como dixen antes, si que me parece que ten un tratamento dos personaxes bastante completo e atractivo, incluso reflexivo ás veces.

En fin, é un libro interesante pero pode que non cumpra todas as expectativas.

Trece badaladas




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.