Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Os versos de Holderlin

O tolo de Wurttemberg, poeta de mirada perdida e pluma esquizofrénica, afirmaba: “Nunca comprendín as palabras dos homes, crecín nos brazos dos deuses”.

O tolo de Wurttemberg, como era coñecido, tiña a mirada perdida e a pluma esquizofrénica. A súa vida estivo marcada co bico da morte dende moi pequeno. O seu pai, o segundo marido de súa nai e catro irmáns non sobrevivironn á súa infancia. Teólogo renegado influído por Hegel e Schiller, cos que coincidira no seminario protestante, namorouse da muller dun comerciante para o que traballaba, á que lle adicou varios poemas. É a súa unha biografía escura, que xa se presentía na súa época de estudante, cando sufría algunhas depresións.

Despois de varios traballos, volveu con súa nai. Antes de deixar o seu traballo como cónsul debido aos seus desequilibrios mentais, traballou ininterrumpidamente na súa obra poética. Abriuse entón para el un período de violencia que acabou remitindo. Conseguiu un traballo como bibliotecario, pero tivo que rexeitalo pois nesa época xa profería maldicións como un poseso e andaba sen rumbo falando consigo mesmo. O seu amigo Sinclair decidiu desfacerse del internándoo nun manicomio de Tubinga. Dous centos trinta e un días encerrado con axitacións motoras, sen orientación espazo-temporal, accesos de ira e incontrolable e inintelixible verborrea. Cando o declararon enfermo incurable, un ebanista da cidade chamado Zimmer acolleuno na súa casa porque estaba fascinado cunha das súas obras, o Hiperión.

 Recluído nunha torre da casa sen máis compañía que un piano desafinado, pasou o resto dos seus trinta e seis anos de vida escribindo estraños versos que asinaba co nome non menos estraño, de Scardanelli. Na súa soidade, adoptou a fórmula dun diálogo consigo mesmo e coa Natureza. Morreu na súa torre esquecido polos seus amigos e familiares.

A súa mente esquizofrénica deixounos poemas con evocacións da natureza totalmente frenéticas. O seu lirismo romántico mestúrase co clasicismo, dando sosego á alma do lector. Perdeuse case toda a súa obra poética, o que conservamos hoxe tan só é unha ínfima mostra de toda a súa actividade intelectual. A pesar de todo isto, este tolo do lirismo está considerado o mellor poeta alemán do século XIX. Din que perdeu a cabeza porque lle pedía aos seus semellantes máis do que eles podían dar. Nun poema deixou escrito: “nunca comprendín as palabras dos homes, crecín nos brazos dos deuses”.

Por Sara Galbán (2ºBach.)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.