Imaxe de cabeceira
Sen categoría
Lecturas de Cunqueiro na biblioteca

Darémosvos información puntual e diaria sobre as lecturas de profes, alumnos e alumnas, persoal non docente… todo na biblioteca. Comezamos por deixarvos un resumo da actividade e animámosvos a todos e todas a participar.

LECTURA DE OBRAS DE CUNQUEIRO
 
Por qué?
É un acto de homenaxe a Cunqueiro polo centenario do seu nacemento. Ao mesmo tempo quere ser unha actividade que pretende darlle notoriedade á lingua galega.
 
Onde?
Vaise celebrar na biblioteca do centro a partir do luns 24 de outubro durante os segundos recreos.
 
Quen participa?
Profesorado e persoal non docente anotado.
Alumnado anotado no concurso de lectura.
Alumnado anotado no concurso de recitado.
Alumnado anotado no concurso de contada do relato.
 
Como se organiza?
As lecturas vanse desenvolver durante os segundos recreos combinando profesorado e o alumnado participante.
O xurado estará formado por: un profesor/a do centro, un profesor/a do EDLG e dous alumnos/as do EDLG.
A listaxe dos lectores e lectoras de cada día vaise anunciar o día anterior nos taboleiros de normalización.

 

Nota: a actividade vaise gravar en vídeo. Se alguén non quere ser gravado debe avisar previamente.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.