Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / 100 primaveras máis lendo en galego
Concurso de recitado, lectura e contacontos

Aproveitando que é o ano de Cunqueiro, imos dedicar este trimestre a facer os tradicionais concursos de lectura en voz alta e recitado coa obra de Cunqueiro. Ademais engadimos unha sección nova: concurso de contacontos. Animádevos a participar! Xa vos podedes anotar no local do EDLG.


100 PRIMAVERAS MÁIS LENDO EN LINGUA GALEGA

 

1.     Pode participar calquera alumno e alumna do IES FÉLIX MURIEL.

2.     A actividade ten tres modalidades opcionais:

·        LECTURA DUN CONTO de CUNQUEIRO (entregarase no momento da lectura)

·        RECITADO MEMORIZADO dun POEMA do autor. (Será algún dos expostos nas portas das aulas)

style="mso-list:Ignore">·        CONTADA do RELATO de CUNQUEIRO “O cabalo de Alberte Merlo”.

 

3.     As persoas interesadas en participar en calquera das modalidades antes citadas,  deben apuntarse antes do  24 de outubro no departamento do EDNL.

4.     Só é posible participar nunha modalidade deste concurso.

5.     A actividade realizarase en acto público na biblioteca durante os recreos.

6.     Con tempo suficiente, exporase un calendario co horario e a orde de participación das persoas inscritas neste certame.

7.     O xurado  estará composto por:

·        un profesor/a do centro,

·        un profesor/a do EDNL,

·        dous alumnos ou alumnas do EDNL.

·        A  función do xurado será valorar a pronuncia, o ritmo, a expresividade e o dominio da lingua de cada un dos participantes.

8.     O premio para cada modalidade consistirá   nun vale de 30€

9.     A non presentación na data e hora indicada  nos cartaces do taboleiro, suporá a exclusión do concurso.

 

 

       Rianxiño, 17 de outubro de 2011

ANOTÁDEVOS XAAAAAAAAAAAA!



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.