Imaxe de cabeceira
Sen categoría
100 primaveras máis lendo en lingua galega

O noso EDLG vai dedicar este primeiro trimestre do curso e último trimestre do ano 2011 a homenaxear o autor mindoniense cunha serie de actividades. Polo momento estivemos, e aínda estamos, lendo textos en todas as aulas.

Temos unha escolla de textos variados e representativos da obra de Cunqueiro, tanto en prosa como de poesía e diferenciados en dous grupos, un  para os dous primeiros cursos de ESO e outro para 3º e 4º de ESO ou o bacharelato.
Esta semana xa imos comezar a facer ilustracións para os textos, uns pola nosa conta e outros nas aulas de plastica, orientados e axudados por Alfonso. Tamén temos case  listos os cartaces que anuncian a actividade e van adornar os corredores en breve. Recordades o ano pasado a Lois Pereiro? pois vai quedar o centro igual de decorado…

Logo cos textos escollidos, se é posible combinarase  prosa e poesía, vaise facer unha edición dos textos impresos en tamaño folio co mellor deseño que se faga de cada un deles. Vanse presentar careados en clasificadores transparentes para que se conserven en bo estado e poder intercambialos nas diferentes aulas. A idea é que sirvan logo de material de aula para que o profesorado e alumnado poidan facer lecturas en voz alta nas clases, elaborar resumos, facer comentarios, ilustralos de novo, traducilos a outras linguas ou empregalos para a actividade de “Ponlle final a este conto”.

Xa vos iremos dando conta de todas as actividades que vaiamos facendo.

Estade pendentes!


Homenaxe a Álvaro Cunqueiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.