Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Fomos ao Encontro do audiovisual no Porto do Son

 Fomos ao Son en microbús, 21 alumnos e alumnas do ENDL que tiñamos traballado algo nalgún dos vídeos que presentabamos ou noutros que se puideron proxectar. O lugar de encontro era a Casa de cultura.

  

Cando chegamos á casa da cultura, unhas alumnas do instituto de Porto do Son presentaron a actividade que ía ocupar todo ese dia. Faláronnos dos vídeos que ían presentar todos os institutos de Galicia.

Nós; Carla, Nerea, Adriana e Iria presentamos os nosos videos. As dúas primeiras presentamos un dos videos do proxecto “No Meu Mar Na Miña Lingua”,  aquel que trataba sobre a carpitería de ribeira, profesión que está en risco de desaparecer. As nosas compañeiras presentaron o vídeo sobre o Comenius, no que similaban un informativo no que falaban en inglés, e explicaban o día a día do instituto, con subtítulos en galego.

 

 Despois de que se presentasen todas as curtametraxes entregóuselle o Premio leixaprén a Manolo González. Era unha caixa moi fermosa na que dentro había un plano dun vello cine da vila.

 

 

 

Na hora do xantar fomos comer a praia. Despois da comida fomos a varias charlas, para comentar as nosas experiencias no terreo do audiovisisual, todas esas charlas estaban relacionadas con ese tema, dende son, ata como manexar unha cámara ou unha páxina web. Logo tamén nos ensinaron distintas formas de presentar o traballo feito coa cámara para que quede máis atractivo cara ao público.

As charlas na nosa opinión estiveron moi ben xa que comentamos en conxunto distintas experiencias e amosáronnos como poder melloralas.

Pareceunos unha actividade moi interesante e divertida na que disfrutamos moito e coñecemos rapaces e rapazas doutros centros que asistiron a esta actividade.

 

Tamén se entregou o premio Leixaprén



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.