Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
En branco

            Dende o comezo non quixen ir, pero acabei cedendo e ó final senteime nun dos 12.000 asentos do Coliseo na Coruña, no que sería o primerio mitin do PP en Galicia. Non tardei en arrepentirme da miña escolla, pois o acto tardou tres horas en comezar; ó parecer ía vir Gallardón e debían facer tempo. Non apareceu el, senón o delegado provicial da Coruña que en vez de excusar ó alcalde de Madrid dedicouse a divagar, argumentando que se non estaba era porque, o Goberno, a través de Fomento, colapsara Barajas para boicotea-lo mitin. O máis lóxico. Claro.

            Pero a cousa non remata aí. Pouco máis tarde, unhas 50 ou 75 persoas interromperon o discurso do presidente da Xunta. Ante unha situación tan comprometida, o presidente, como bo líder, fíxose, como non, cargo da situación. Escoitou ós espontáneos e cunha sutileza e brillantez típica dun político, conseguiu calmalos. Entonces acordeime de que vivía en España. Dinme conta de que o presidente abandonaba o atril para non inmiscuirse, mentras unha multitude enfurecida gritaba: "¡Fóra, fóra!" contra os manifestantes. As forzas de seguridade desaloxáronos antes de que a multitude de forofos se abalanzase sobre un grupo de xente que pretendía ser escoitada. Ós asistentes só lles importaba escoitar cada unha das predecibles palabras dun discurso baleiro pronunciado por aquel que di que representa ó pobo mentres que o deixa na rúa. Aínda así, recibe unha clamorosa oblación de "presidente, presidente!".

            Antes de que acalasen as protestas Feijóo concluíu cun: "Nunca me chamaran presidente tantas veces!". Que viva España e os nosos políticos! Todos. Se ó fin e ó cabo ir a un mitin do PP é o mesmo que ir a un do PSOE, só que en azul e non serven máis que para aumentar o ego dos nosos políticos e que logo poidan dicir que si falaron co pobo.

Publicado en El País o 12 de maio de 2011



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.